12/2/14

Minerais extratéxicos e conflitos bélicos: o coltan


  •     O coltan ten numerosos usos nas industrias avanzadas punteiras actuais: utilízase en compoñentes de teléfonos móbiles e ordenadores, videoconsolas...
  •     O principal problema que xera a súa explotación no Congo desde a década dos anos noventa é o conflito bélico permanente na zona centroafricana polo control destes minerais. 
  •     O territorio da República Democrática do Congo é rico en minerais: columbita-tantalita, ouro, cobre, cobalto e diamantes, entre outros. 
  •     Son minerais estratéxicos. E dicir, son minerais de vital importancia para a existencia económica ou política de certos Estados e inflúen poderosamente nas decisións políticas que se toman nestes países.
  •     Estos minerais son explotados por países desenvolvidos. Detrás dos países enfrontados (e as distintas faccións ou partidos) están os grupos occidentais e outras potencias estranxeiras, que non renuncian a conseguir o mineral ao menor custo posible.
      ACTIVIDADE DE POSITIVO 2 (UD 4): Elabora unha reportaxe dixital sobre un conflito actual relacionado co control dos recursos naturais. Inclúe texto de elaboración propia, documentos xeográficos (gráficas, mapas, fotografías,...) e bibliografía.

       Como e onde buscar información?
  •        Utiliza fontes fiables (onde os autor@s se identifiquen como  expertos) e de carácter institucional (universidades, gobernos,…: .org, .es,..).
  •        Contrasta a información: verifica a información confirmando con múltiples fontes (ao menos dúas fontes).
  •        Os medios de comunicación (prensa, tv,..) poden aportar datos actuais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario