14/9/23

Pautas para realizar un nuncio publicitario “non enganoso” que presente o produto tal e como é realmente

A publicidade emprega numerosas técnicas e estratexias para convencernos/seducirnos de mercar un produto (música, humor, "señuelos", personalidades de recoñecido prestixio, modelos,...). É enganosa cando silencia ou omite os datos que lle interesan, case sempre relacionados cos factores de produción (recursos naturais, traballo e capital).



Nós trataremos de facer todo o contrario. Afondaremos nos elementos que conforman o produto e o seu proceso de fabricación para dar a coñecer a realidade do produto en cuestión.

PASOS:
1) Escollemos o ben de uso e consumo que queremos publicitar (o produto).
2) Investigamos sobre os factores produtivos e o proceso de produción (como e onde se produce, quen o produce) ou as consecuencias que ten o seu uso ou consumo. Usamos fontes fiables e rigorosas que referenciaremos ao longo do spot ou ao finalizar o mesmo.
3) Antes da gravación podes elaborar un Storyboard (ou guión gráfico), basado nos resultados da investigación, representando o que sucederá no anuncio.


4) Gravamos o anuncio.

Importante: o spot non pode superar os 3 minutos de duración e ten que incluír as fontes.

Exemplos:



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario