17/9/18

Programación curso 2018-2019


XEOGRAFÍA E HISTORIA   3º ESO    2018-2019


La unidad de todas las ciencias se encuentra en la geografía. La importancia de la geografía es que presenta la Tierra, como la sede permanente de las ocupaciones del hombre”

(John Dewey, filósofo, pedagogo y psicólogo estadounidense)



“A incomprensión do presente nace da ignorancia do pasado”
(Marc Bloch, Historiador francés).

                               “Non perdamos nada do pasado. Só co pasado se forma o porvir”
(Anatole France, Premio Nobel de Literatura en 1921).


*       TEMPORALIZACIÓN DAS UNIDADES DIDÁCTICAS INTEGRADAS POR AVALIACIÓNS


UDI
CONTIDOS
PROCEDEMENTOS x AVALIACIÓN
PRIMEIRA AVALIACIÓN
Xeografía Económica
1
“Actividade económica e sector primario”


2 Portafolios
30%

1 Proxecto
30%

2 Probas Escritas
40%
2
“Actividade económica e sectores económicos”

SEGUNDA AVALIACIÓN
Xeografía Humana e
Política 
3
Un mundo desigual”

4
Organización política e territorial de España
TERCEIRA AVALIACIÓN
Historia  Moderna
5
“Mundo Moderno”

*       MATERIAIS E RECURSOS

*       Materiais e recursos audiovisuais: libro de texto dixital (Rodeira), presentacións dixitais, webs especializadas, vídeos e documentais publicados no blog de aula: www.adiadehoxe.blogspot.com.

*       Materiais e recursos gráficos: fotocopias facilitadas pola profesora e libros de lectura (a maioría a disposición do alumnado na biblioteca do centro).


*       AVALIACIÓN  (Por Unidade Didáctica Integrada)


PROCEDEMENTOS

             CONTIDOS/ACTIVIDADES

PORCENTAXE

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Portafolio
Aprender a aprender

Didáctica de estudo
Avaliación inicial
Actividades e rutinas de pensamento
Apuntamentos
Autoavaliación
Diario de aprendixe

30 %
(1-10)
Estándares de aprendizaxe (GRAO MÍNIMO)

Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

+
Presentación
Corrección formal e ortográfica
Capacidade de sínteses
Autocorrección
Capacidade de argumentación e razoamento
Manexo de recursos e técnicas de aprendizaxe
Capacidade de relación e explicación
Afondar nos contidos
Elaboración propia
Creatividade e orixinalidade
Participación e colaboración (traballo en equipo)
Manexo de habilidades sociais (escoita activa, asertividade, etc.)
Autoavaliación regulada
Respecto das pautas de elaboración

Tarefa/Proxecto
Facer para saber
Creación de produtos dixitais (blog, presentación, exposición, vídeo, entrevistas, xogos, etc.)
Diarios de sesión/aprendizaxe
Autoavaliacións e coavaliacións no caso da aprendizaxe cooperativa.

  30 %
(1-10)

Proba escrita
Demostrar o saber

Localiza en mapas
Interpreta e analiza de mapas físicos e temáticos
Interpreta gráficas
Clasifica de textos de distinta natureza, obras de arte
Utiliza vocabulario histórico e artístico imprescindible para cada época
Ordena temporalmente algúns feitos históricos
Diferencia entre causas e consecuencias de feitos históricos

40 %
(1-10)
Para que estas porcentaxes teñan validez a/o alumna/o deberá alcanzar en todos os procedementos de avaliación (portafolio, tarefas e probas escritas) un mínimo de 3 puntos sobre 10. En caso contrario a avaliación sería negativa por non chegar ao mínimo esixido.

Existe a posibilidade de realizar actividades opcionais para subir nota (actividades de positivo) que deben  realizarse nos prazos marcados e cumprir satisfactoriamente cos criterios establecidos.
Na avaliación trimestral o alumno/a que suspende unha avaliación ten que realizar  as tarefas de recuperación  propostas para recuperar. As tarefas incidirán sobre aqueles procedementos (portafolios/probas/tarefas) nos que o alumno/a non conseguiu o grao mínimo de consecución dos estándares de aprendizaxe. A nota de recuperación non poderá superar o cinco.
A avaliación é continua, na segunda e na última avaliación entrarán contidos das avaliacións anteriores. A nota final será igual ou superior (no caso de existir unha proba específica para subir nota) á nota da terceira avaliación, sempre e cando o alumno/a teña todas as avaliacións aprobadas e non exista unha diferencia de máis de dous puntos con respecto a avaliación anterior.

¾      Se un alumno/a cunha avaliación positiva sube nota dunha avaliación a outra non pode existir  unha diferencia maior a dous puntos con respecto a avaliación anterior.

¾      Se un alumno/a coa primeira e a segunda avaliación suspensas (incluídas as recuperacións) consegue aprobar a última avaliación a nota desta última avaliación non poderá superar o cinco.

¾      Se un alumno/a coa primeira e a segunda avaliación aprobadas suspende a última avaliación (incluída a recuperación) esgotará as súas posibilidades de recuperar ata a convocatoria extraordinaria de setembro.
*       CRITERIOS ESPECÍFICOS DE CADA PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN
PORTFOLIO (30%)
·      O Portfolio (didáctica de estudo, avaliación inicial, actividades, apuntamentos, diario de aprendizaxe e autoavaliación) pode ser solicitado pola profesora para a súa revisión e avaliación en calquera momento que o considere oportuno e en moitas ocasións quedará na aula baixo a tutela da profesora. O alumna/o que non entrega o Portfolio  nas datas propostas ou cando o solicita  a profesora é cualificado cun 0.
·      O alumno/a realiza as actividades con bolígrafo de cor azul e corrixe as actividades con bolígrafo de cor vermello. No caso contrario será cualificado coa nota mínima: 3.
·      O alumno/a comprométese a realizar as actividades por si mesmo/a, con autonomía.
·      Se un alumna/o copia actividades, apuntamentos ou outros apartados será cualificado cun 0.
·      As faltas graves de ortografía e a presentación baixan unha pequena porcentaxe da nota (máximo 1 punto): descontarase 0,1 por cada falta de ortografía e 0,25 por non respectar as marxes.

TAREFAS (30%) / PROBAS ESCRITAS (40 %)
  • Enriba da mesa só se permite ter un bolígrafo de cor azul. Non se pode empregar corrector, nin bolígrafos que borren, nin folios que non sexan facilitados pola profesora.
  • Os teléfonos móbiles, os reloxos dixitais ou calquera outro dispositivo electrónico debe quedar apagado e gardado antes de comezar a proba.
  • Antes de comezar a proba a profesora dará as indicacións necesarias para a súa realización, resolvendo as dúbidas pregunta por pregunta.
  • Unha vez resoltas as dúbidas non se permiten nin se responden preguntas, a profesora irá dando indicacións sobre o tempo restante (20 minutos/10 ou 5) e unha vez rematado o tempo é obrigatorio entregar a proba.
  • Se un alumna/o intenta copiar ou copia nunha proba/tarefa ou amosa unha conduta contraria as normas de convivencia, se lle retira a proba que será cualificada cun 0.
  • As faltas de ortografía sobre contidos estudados e a presentación deficiente baixan unha pequena porcentaxe da nota (máximo 1 punto): descontarase 0,1 por cada falta de ortografía e 0,25 por non respectar as marxes.
  • Se un alumna/o non se presenta a unha proba obxectiva/tarefa, ou falta as horas previas, só se lle repite a proba/tarefa (que nalgúns casos coincidirá coa seguinte) no caso de que a ausencia sexa xustificada (xustificante médico similar). En caso contrario non se repite a proba/tarefa e o alumno/a será cualificado/a cun 0.
·         Superar unha porcentaxe de ausencias sen xustificar (10% do horario lectivo mensual) repercutirá na perda do dereito á avaliación continua (NOF).

*       NORMAS DE CONVIVENCIA
Se un alumno/a incumpre unha norma de convivencia  será sancionado conforme o estipulado no NOF (Normas de Organización e Funcionamento) do centro.
Entre as normas máis importantes están:
-        Cando a profesora entra na aula o alumnado debe estar correctamente sentado e en silencio, sen material enriba da mesa, e amosar boa predisposición.
-        Levantamos a man para intervir (non interrompemos).
-        O axeitado aproveitamento das clases e o respecto cara todos os membros da comunidade educativa.

*       TRABALLO EN EQUIPO (COOPERATIVO)
Potenciaremos a través da aprendizaxe cooperativo e das habilidades sociais as formas de xestionar a clase que favorezan a cooperación, o diálogo e a participación, que impidan os comportamentos discriminatorios, e xeren un clima de confianza (competencias social e cidadá e a autonomía e iniciativa persoal). No traballo en equipo:
o   Atendemos as indicacións da profesora.
o   Respectamos a sinal pactada para gardar silencio e os momentos de traballo en silencio.
o   Comezamos a traballar unha vez que todos os membros do equipo teñen unha tarefa asignada.
o   Respectamos as normas consensuadas entre os membros do equipo.
o   Cubrimos o diario de sesións conxuntamente.
o   Resolvemos os conflitos a través do diálogo.
o   Cada alumno/a debe asumir un rol relacionado coas habilidades sociais da ESCOITA ACTIVA e da ASERTIVIDADE para previr posibles conflitos:
Oído (escoita con   atención), anima a gardar silencio.
- Vista (mira a quen che fala), anima a falar nun volume baixo e ton adecuado.
-  Gusto (pecha a boca: non interrompas), controla tempos de intervención.
-  Olfacto (amosa interese), pregunta, resume ou parafrasea, intentando comprender a persoa que fala.
- Tacto (non xulgues, respecta os sentimentos dos demais).